Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2011

ENTREVISTAMOS AO XOGRAR CRISPÍN D'OLOT

Imagen
As Xornadas Culturais deste curso, inauguránronse cun dos espectáculos que máis éxito acadaron entre os alumnos de toda ESO e Bacharelato: a visita do xograr Crispín d'Olot. Crispín fixo co seu espectáculo "Versos y Bardos" un repaso en tres funcións diferentes a toda a historia da literatura dun xeito lúdico que arrancou constantes aplausos dos espectadores. Coa súa presenza, Crispín encheu o escenario durante dúas horas recitando, cantando e tocando variados instrumentos musicais de aires medievais como a zanfona, a frauta, a guitarra ou o tambor. A traxectoria artística deste xograr é moi longa, aínda que este ano tivo unha especial sona pola súa participación no programa de TVE "Tú sí que vales". A súa actuación supuxo un achegamento excepcional ao mundo da literatura a través dun espectáculo que gozou do recoñocemento unánime por parte de todos os asistentes. Varios alumnos de ESO tiveron o privilexio de facerlle unha pequena enrevista que reproducimos nest